domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

AVANCE

Novo fallo do TSXG que anula o acordo para modificar o parque eólico de Oribio

La construcción de los aerogeneradores está paralizada en la Serra do Oribio. H.C
A construción dos aeroxeradores paralizada na Serra do Oribio. H.C.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso interposto pola Asociación Sociocultural O Iribio e acordou a anulación, por ser desconforme a dereito, do acordo aprobado polo Consello da Xunta en xuño de 2019 para a modificación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Oribio, situado na Zona Especial de Conservación (ZEC) Os Ancares-O Courel. Situaríase nos concellos de Triacastela e Samos.

Este fallo da sección terceira da sala do contencioso-administrativo súmase aos outros tres que xa emitira en 2020 no mesmo sentido, entón en resposta aos recursos interpostos pola Asociación Ecoloxista Verdegaia; a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Fundación Ouso Pardo (FOP) e Sociedade Galega de Ornitoloxia (Seo). 

O alto tribunal galego entende que "o proxecto 2007-2009, autorizado pola resolución de 31 de maio de 2007, coa declaración de impacto ambiental aprobada o 12 de agosto de 2005, está caducado", pois non se explotou nin estiveron instalados aeroxeradores.

A resolución que o autorizaba indicaba que o promotor tería un prazo de 12 meses contados a partir da data de ocupación dos terreos para a posta en marcha da instalación, segundo indican os xuíces, quen subliñan que non se pode "modificar o que non existe".

A declaración de impacto ambiental de 2005, segundo o alto tribunal, resulta "obsoleta para amparar a avaliación ambiental do proxecto modificado de 2018, polos múltiples e variados cambios lexislativos e de catalogacións de especial protección do terreo, non podendo entenderse validada por unha prospección vía informes gubernativos". Contra a resolución cabe presentar recurso.

Novo fallo do TSXG que anula o acordo para modificar o parque...
comentarios