Triacastela oferta sete prazas para formar a brigada da campaña contra incendios forestais

A duración do contrato é de tres meses, a xornada completa
Brigadistas durante la extinción de un incendio forestal. CARLOS CASTRO
photo_camera Brigadistas durante la extinción de un incendio forestal. CARLOS CASTRO

O Concello de Triacastela comezou coa posta en marcha da campaña de prevención de incendios forestais deste verán, abrindo a convocatoria de sete prazas para loitar contra os lumes no territorio.

A duración do contrato é de tres meses, a xornada completa, e as prazas ofertadas están destinadas a cubrir un posto de xefe de brigada, outro de peón condutor, dous peóns de brigada e tres de condutores de motobomba. Os traballos consistirán na realización de actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa, ademais dos terreos forestais municipais e descoñecidos.

O prazo para a presentación de solicitudes, no Concello en horario de mañá ou na sede electrónica do mesmo, remata este martes.

Comentarios