Un tren de viaxeiros leva por diante un coche en Sarria sen que se rexistre ningún ferido

No vehículo viaxaba unicamente o condutor, que resultou ileso
El vehículo sufrió daños, pero el conductor salió ileso. EP
photo_camera O vehículo sufriu danos, pero o condutor saíu ileso. EP

O convoi non levaba viaxeiros, unicamente ían o maquinista e o interventor. EPUn tren de viaxeiros, que cubría a ruta A Coruña-Monforte, levou por diante un turismo nun paso a nivel sen barreiras no termo municipal de Sarria, sinistro que se saldou sen feridos. O aparatoso accidente produciuse ás 22.10 horas deste luns na estrada que comunica Vilapedre e Céltigos.

No vehículo viaxaba unicamente o condutor, que resultou ileso. O convoi non levaba viaxeiros, unicamente ían o maquinista e o interventor, que tampouco resultaron feridos.

Os danos no tren foron escasos, polo que puido continuar despois a marcha. Ata o lugar do sinistro desprazáronse unha patrulla de seguridade cidadá da Garda Civil, así como do subsector de Tráfico.

Comentarios