Parte da Rúa Calvo Sotelo de Sarria é peonil desde este venres e ata o domingo. Estará pechado ao tráfico de vehículos o tramo comprendido entre as cruces da Ciguñeira e a rúa Pedro Saco, aínda que quedará libre a intersección de Catro Camiños.
O Concello xa cortou o pasado fin de semana a zona coñecida como o bulevar, entre A Ciguñeira e Catro Camiños. Tomou esta medida co obxectivo de facilitar que as persoas poidan pasear mantendo unha distancia de seguridade.
A peonalización ten lugar este venres, de oito da tarde a unha da madrugada. Pola súa banda, o sábado arrincará ás tres da tarde e continuará toda a xornada do domingo, ata a unha da madrugada do luns. Só poderán pasar os vehículos dos residentes para acceder aos seus garaxes.
O Concello seguirá realizando probas de peonalización temporal noutras partes da localidade sarriá.