jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Os traballos na rúa Diego Pazos finalizan coa sinalización horizontal

Pintan la señalización horizontal en la calle Diego Pazos de Sarria
Traballos de pintura na rúa. VILA
Un grupo de operarios pintou este mércores os pasos de peóns, zonas de aparcadoiro e carga e descarga

As obras de renovación do firme da rúa Diego Pazos, entre as cruces da Avenida e A Ciguñeira, executadas polo Concello de Sarria, quedaron finalizadas este mércores co pintado da sinalización horizontal.

A vía estivo pechada ao tráfico para que os operarios procedesen a pintar os pasos de peóns, zonas de aparcadoiro e carga e descarga neste tramo de vía, o cal motivou unha polémica entre o Concello e a Xunta pola realización destas obras.

Nesta rúa, que presentaba grandes fochancas, instaláronse tamén xardineiras para evitar que os vehículos invadan os parterres e as beirarrúas.

Os traballos na rúa Diego Pazos finalizan coa sinalización horizontal
comentarios