O Tapicheo será de novo en decembro e haberá unha soa tapa por local

A duración do concurso de tapas dependerá do número de hostaleiros inscritos, partindo dun mínimo de 15
Participantes en una edición del Tapicheo anterior a la pandemia. AEP
photo_camera Participantes nunha edición do Tapicheo anterior á pandemia. AEP

Cada un dos hostaleiros participantes na décimo cuarta edición do concurso de tapas Tapicheo de Sarria, que será en decembro, ofrecerá unha única proposta. Así o acordaron este luns nunha reunión na casa da cultura á que foron convocados polo Concello.

As datas para organizar o certame aínda non están pechadas, dado que dependerán do número de negocios inscritos, aínda que si que se desenvolverá durante o ponte da Constitución. Para organizar o concurso terá que haber un mínimo de 15 establecementos apuntados. Se son entre 15 e 19 o Tapicheo será do 3 ao 6 de decembro, se hai de 20 a 24 terá lugar entre os días 3 e 7 e se son 25 ou máis bares celebrarase do 3 ao 8.

Os locais ofrecerán as tapas de 20.00 a 23.00 horas e o prezo será de entre un e tres euros. Aqueles que o desexen poderán presentar, como na última edición, unha pequetapa de forma voluntaria e fóra de concurso.

O obxectivo é repartir os establecementos en cinco rutas. No caso de que sexan de 15 a 20 negocios, deberanse selar para votar dous por cada ruta, mentres que se son máis de 21 os bares serán precisos tres selos por itinerario.

O Concello preparará as bases e unha vez que estean redactadas abrirase o prazo de inscrición. Desde o goberno local calculan que será a próxima semana.

Comentarios