A sexta edición do Esmorga Fest de Sarria preséntase en Lugo cunha festa

O festival, para o cal xa están confirmadas 16 bandas, celebrarase os días 13 e 14 de marzo
Actuación en la fiesta de presentación del Esmorga de Sarria
photo_camera Unha das actuacións na festa de presentación do Esmorga. EP

O festival sarrián Esmorga Fest presentou este sábado cunha festa en Lugo a súa sexta edición, que será os días 13 e 14 de marzo. Xa está confirmada a actuación de 16 grupos.

O evento, celebrado no establecemento O Mercado, contou co dúo de música electrónica Rayotaser e a banda Mundo Prestixio, ademais de Esmorga DJs.

Os participantes puideron adquirir merchandising do festival. Ademais, entre todos os asistentes foi sorteada unha cesta con produtos de Sarria, procedentes das empresas Cárnicas Teijeiro, Envínate e Queserías Sarriás.

O público tamén puido facerse coas entradas para o Esmorga Fest. A finais do pasado ano sacáronse dous bloques a un prezo reducido (a 25 e 30 euros) e esgotáronse. Actualmente atópanse á venda na páxina web do festival a 35 euros.

A organización, que corre a cargo da asociación Esmorgart, espera que se vendan todas as entradas ante a gran acollida que tiveron ata agora. Tamén se poden comprar nos establecementos Adarve e Xarope de Sarria.

O festival xa anunciou a actuación dos grupos Yawners, Moon Duo, Modern Nature, Los Punsetes, It It Anita, Agarimo, Atención Tsunami, Aliment, Nena Coyote eta Mozo Tornado, Pony Bravo, Viva Belgrado, Böira, Lle Temp du Loups, Moura, Uniforms e A Trindade.

Comentarios