domingo. 21.07.2019 |
El tiempo
domingo. 21.07.2019
El tiempo

"Sentimos un golpe moi forte, retumbou toda a terra", di un veciño de Oural

O punto do accidente que se cobraba unha vida en Sarria
O punto do accidente que se cobraba unha vida en Sarria

Un sarrián faleceu nunha colisión entre un coche e un camión no corredor

O impacto entre o camión e o turismo no que faleceu un veciño de Sarria foi tal que alertou aos residentes na zona. "Sentimos un golpe moi forte, retumbou a terra", asegurou un veciño que vive a uns 500 metros do lugar do sinistro, en Oural.

Outro tanto lles ocorreu a outros residentes, quen saíron dos seus fogares polo ruído da colisión. "Xa me imaxinei que fora un accidente, pero pensei que chocaran dous camións", afirmou este sarrián, quen rapidamente se trasladou ao lugar do sinistro e avisou ao servizo de urxencias 112.

Nesta zona unha pista discorre paralela ao corredor, na que se concentraron numerosos veciños impactados pola brutal colisión. Lamentaron o falecemento do condutor do coche, mentres que destacaron "a sorte" do chofer do camión, que "puido caer á pista e estariamos falando de dúas mortes".

Segundo morto en menos dunha semana
O sinistro deste luns foi o segundo mortal que ocorreu en menos dunha semana no municipio de Sarria. O pasado venres faleceu outro veciño da vila. Neste caso ocorreu na antiga estrada de Nadela a Monforte (LU-546), á altura da Valiña, moi preto do lugar do accidente deste luns.

O sarrián, de 58 anos, circulaba nunha moto en dirección a Oural cando se produciu o impacto frontal cun coche que viaxaba en sentido contrario. Os servizos sanitarios non puideron facer nada pola vítima.

"Sentimos un golpe moi forte, retumbou toda a terra", di un veciño...
Comentarios