Un sarrián falece ao sufrir unha indisposición cando ía cazar en Láncara

O home, de 65 anos, viaxaba cuns compañeiros cando sentiu mal e morreu de xeito fulminante
Camión de Bomberos de Sarria. AEP
photo_camera Camión de Bombeiros de Sarria. AEP

Un veciño do municipio de Sarria, de 65 anos de idade, faleceu na mañá deste sábado ao sufrir unha indisposición cando ía cazar no monte da Meda, na parroquia de Monseiro (Láncara).

O home viaxaba nun coche cuns compañeiros de batida cando sentiu mal e pereceu de forma fulminante.

Ata o lugar acudiron a Garda Civil, a funeraria e os bombeiros do parque comarcal de Sarria. Estes últimos ocupáronse de trasladar o corpo nun vehículo todoterreo ata o coche fúnebre ante as dificultades para desprazarse ata a zona do falecemento pola presenza de neve e xeo.

Comentarios