Sarria, Monforte e Cospeito conxélanse a 6 grados baixo cero

O valor máis baixo de Galicia rexistrouse en Calvos de Randín, con -8,8 graos
El lago del Parque de Os Condes de Monforte, congelado tras varios días de temperaturas negativas en la ciudad. Este lunes se alcanzaron los -6,2 grados. ANA RODIL
photo_camera El lago del Parque de Os Condes de Monforte, congelado tras varios días de temperaturas negativas en la ciudad. Este lunes se alcanzaron los -6,2 grados. ANA RODIL

Galicia amenceu este luns novamente con temperaturas baixo cero en multitude de localidades. É o caso de Sarria, que anotou a mínima da provincia de Lugo con -6,5 graos. Monforte, Cospeito e Rozas marcaron valores similares, con -6,2, -6 e -5,9, respectivamente. En Lugo capital, o mercurio chegou a marcar os -5,4 graos.

temperatura mínima de Galicia deste luns rexistrouse no municipio ourensán de Calvos de Randín que alcanzou os 8,8 graos baixo cero, nunha xornada na que a de Ourense inclúese entre as 19 provincias con aviso por risco por mor das xeadas polas baixas temperaturas. 

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 9.15 horas deste luns, recollidos por Europa Press, as temperaturas máis baixas desta xornada corresponden a municipios con altitude inferior aos 900 metros como Calvos de Randín, con -8,8º rexistrados ás 3,30 horas, e Verín, con -7,4º ás 8.50 horas. Séguenlle o concello ourensán de Baltar, con -6,8º ás 3.50 horas.

En canto ás localidades de montaña, con máis de 900 metros de altitude, as temperaturas mínimas corresponden este luns a Vilariño de Conso (Ourense), con -3,4º ás 6.40 horas, A Veiga (na mesma provincia) con -3,4º ás 8.00 horas e á ourensá de Manzaneda, con -2,5º ás 8.30 horas. 

As temperaturas mínima rexistrada na comunidade galega este pasado domingo corresponderon a Verín, con -8,3º ás 8,40 horas, seguida dos -6,7º ás 7,30 horas en Sarria. 

Comentarios