Sarria suma cinco novos positivos nun día

Son xa 18 os contagios diagnosticados no que vai de mes
Una mujer se somete a un prueba PCR. TONI GALÁN
photo_camera Unha muller sométese a unha proba PCR. TONI GALÁN

O municipio de Sarria sumou este sábado cinco novos casos positivos de coronavirus. Ao parecer, todos eles son independentes entre si. Así, son xa 18 os contaxios diagnosticados no que vai de mes.

Nesta segunda onda da pandemia contabilízanse no concello máis dunha trintena de afectados, logo dos tres brotes familiares detectados en agosto.

CELEBRACIóNS. Ante a crise sanitaria suspendeuse a celebración de Os Remedios, que sería o martes (festivo local) no Alto do Cesar. Non haberá oficios relixiosos. Pola contra, si se celebrarán este domingo polo Santo Cristo de Goián, aínda que con aforamento reducido

Comentarios