Sarria recupera a normalidade tras dar negativo as PCR de concelleiras e funcionarios

O alcalde segue en corentena a pesar de non estar infectado 
Casa do Concello de Sarria. EP
photo_camera Casa do Concello de Sarria. EP

O Concello de Sarria, onde se suspendeu por precaución a atención ao público, como consecuencia do positivo por covid dun funcionario, recuperou a normalidade", informou o seu alcalde, Claudio Garrido, despois de que desen negativo as probas PCR realizadas a 22 persoas.

Aínda que o alcalde, por criterio das autoridades sanitarias, segue en corentena a pesar de dar negativo, dixo que está "a traballar desde casa con toda normalidade".

As probas PCR foron realizadas a cinco edís da corporación municipal e a 17 funcionarios que nalgún momento estiveron en contacto coa persoa que deu positivo.

"É unha satisfacción que as probas dean negativo", dixo Claudio Garrido, porque se confirma "que non houbo ningún contaxio", salvo "a persoa que deu positivo", e polo tanto "o Concello recupera a normalidade".

Ademais, confía en que o resultado das probas sirva tamén para achegar tranquilidade aos veciños da localidade "logo de toda a alarma que se xerou" cando se deu a coñecer ese positivo. 

Comentarios