Sarria mantén as festas pero suspende os actos en locais pechados

O Concello chama á prudencia e anima aos veciños a participar no cribado  As actuacións de maxia previstas para este venres suspéndense
Praza da Vila de Sarria, donde se produjo el apuñalamiento. VILA
photo_camera Praza da Vila de Sarria. VILA

O Concello de Sarria decidiu manter as festas, pero suspender os actos en locais pechados, tras detectarse un brote de coronavirus no municipio que afecta, de momento, a 28 persoas, todas elas relacionadas cunha comida familiar celebrada o pasado fin de semana. A investigación segue aberta e non se descarta que aparezan novos contaxios nos próximos días, polo que o subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou este venres, nunha reunión extraordinaria, que o concello pase ao nivel alto de restricións.

Neste contexto, o goberno local chama " prudencia e responsabilidade" de todos os veciños e anima á poboación a anotarse ao cribado masivo voluntario para facilitar a detección de posibles novos casos, con especial atención aos que se dediquen á atención ao público. é dicir, a todos os que traballen en bares, restaurantes, albergues, hoteis ou en comercio en xeral. O alcalde, Claudio Garrido, recorda nun comunicado que as persoas interesadas deben anotarse na dirección de correo electrónico [email protected], especificando nome, apelidos, DNI e número de contacto. Ou a través do teléfono da Policía Local 982530850. Ademais, recorda a posibilidade de someterse a test de antíxenos nas farmacias.

Entre os actos que foron cancelados atópase o espectáculo de maxia previsto para este venres na casa da cultura, que inicialmente se trasladou á Praza dá Vila, ao aire libre, cun único pase, pero que finalmente foi suspendido.

Comentarios