A Sarria Fashion Night converte o bulevar nunha pasarela de moda

Numeroso público seguiu os desfiles de nenos e adultos, nos que participaron 21 establecementos comerciais da vila

O desfile contou coa participación de 13 modelos infantís e 20 adultos. VILAO bulevar da Rúa Calvo Sotelo de Sarria converteuse este sábado nunha gran pasarela de moda da man de Sarria Fashion Night, un evento que se celebrou por quinto ano organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aces) da localidade.

Máis de 30 modelos, entre adultos e nenos, desfilaron por unha alfombra de 30 metros situada nun tramo do bulevar, que foi pechado ao tráfico para a ocasión. A pasarela mostrou as últimas tendencias para primavera e verán que ofrecen un total de 21 establecementos da vila.

Participaron mercería Lucía, Sarillo, Barja Shoes, Cris Abad, calzados Gayoso, calzados Veiga, Cactus Rose, Isabel Moda, La Orquídea, Moncho, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey, óptica Malecón, Colorín Colorado, Píkaros Story, Artelis, peluquería Enredos, Estilo e Kaxa Estilistas.

Numeroso público seguiu durante toda a tarde os desfiles coa nova colección de roupa e calzado, xunto coas novidades en complementos e peiteados.

A pasarela estivo amenizada coa música en directo do grupo local Muddy Doll e foi gravada polo Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo para a súa posterior difusión.

A Aces valorou o evento porque promociona o comercio local e sitúa a Sarria "como centro comercial adicado á moda".

Comentarios