Sarria entra este sábado no nivel medio case un mes despois de que se detectase o brote

Os hostaleiros celebran a noticia xa que volven aumentar aforamentos, cun 30% en exterior e 50% en terrazas 
Imagen de archivo de un grupo de personas en una terraza de Sarria.
photo_camera Imaxe de arquivo dun grupo de persoas nunha terraza de Sarria. VILA

Sarria entra este sábado no nivel medio de restricións, logo de varias semanas no alto, en base ao novo criterio establecido polo comité clínico, que dá maior peso á presión asistencial que á incidencia do covid-19. A partir deste sábado, os hostaleiros sarriáns poderán reabrir o interior dos seus locais cun 30% de capacidade; nas terrazas será dun 50%.

Novas medidas. As medidas anticovid non só cambian en Sarria, senón que algunhas o fan a nivel autonómico. Así, as reunións entre non convivientes quedan limitadas a dez persoas no exterior dos locais de hostalería, e o resto de actividades que regula a Xunta, mentres se mantén en seis no interior. Tamén se recomendan estes mesmos límites en vivendas e outras contornas privadas.

Os locais nocturnos dos municipios en nivel medio (en Lugo só en Sarria) tamén deberán esixir á entrada unha proba diagnóstica de covid negativa realizada nas 72 horas antes ou certificado de vacinación completa. Este requisito entra en vigor o 21 de xullo.

Lecer nocturno. Aberto en municipios en nivel medio e medio baixo, con obrigación de requirir á entrada un certificado de vacinación completa, con 14 días desde a última dose, ou de pasar o covid19, ou unha proba diagnóstica con resultado negativo realizada nas 72 horas anteriores. Pechado en municipios con nivel alto.

Comentarios