Sarria despide a maxia cun cento de persoas

O público estivo maioritariamente composto por nenos que quixeron desfrutar da gran variedade de trucos de maxia
2019080117063664803
photo_camera Presentación do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria. EP

As catro xornadas que durou o Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria chegaron onte ao seu fin, cun inesperado cambio nas localizacións debido á choiva da mañá.

A pesar do temor do organizador do evento, o mago Roberto Lolo, en canto a un posible descenso na asistencia debido ao breve tempo co se avisou dos cambios na programación, a resposta da xente foi unánime, ateigando a casa da cultura e a gala final no pavillón municipal do Chanto.

O público, maioritariamente composto por nenos, desfrutou dos trucos de maxia duns 23 ilusionistas de diferentes procedencias, coma Cuba, Italia ou Colombia, ao longo das máis de vinte actuacións que se produciron durante catro días na vila.

Comentarios