Sarria alza a voz contra os agresores sexuais logo das denuncias de dúas menores

Os supostos delitos sexuais ocorreron durante os botellóns do parque do Chanto

Unha concentración en sinal de repulsa contra as últimas agresións machistas vividas en Sarria tivo lugar na noite deste luns ás portas da casa do concello.

A manifestación, convocada por Mulleres de Raíz, tivo lugar como reacción á denuncia dun suposto delito sexual contra dúas menores de idade, de ao redor de 14 anos, por parte doutros dous mozos dunha idade similar, coincidindo cos botellóns no parque do Chanto.

"Non viola o botellón viola o violador", foi algunhas das consignas que se puideron escoitar. 

Ademais, este luns tamén houbo unha declaración institucional de condena dos feitos por parte do Concello de Sarria e foi aprobada nun pleno local, unha moción do BNG para ampliar a oficina de asistencia ás vítimas de violencias machistas.