A Sarriana inicia este sábado ante a Gran Pena o play off de ascenso

"A clave deste equipo é o bo rolo", asegura o presidente do club, Manuel Sangil

Manuel Sangil, presidente de la Sarriana. J.C.
photo_camera Manuel Sangil, presidente de la Sarriana. J.C.

A vila de strong <>Sarria vístese de festa este sábado con motivo do inicio do play off de ascenso ante a Gran Pena (16.30, Ribela). Un cartel promocional do choque foi distribuído por esta vila do Camiño; desde a unha da tarde prenderanse as brasas dunha parrillada no estadio, con strong <>carne doada por carnicerías da localidade, haberá sesión de strong <>fotos cos xogadores, xogos para nenos e novos, o equipo ao completo será recibido nun acto especial, un DJ contratado polo concello sarrián animará a xornada e o speaker do Breogán fará o anuncio dos clubs, as aliñacións e os cambios. "Isto é un fito en strong <>Sarria", afirma Manuel Sangil, presidente do club.

Desde as 16.30, con transmisión pola TVG2, a Sarriá<> enfróntase á Gran Pena na primeira eliminatoria de ascenso á segunda RFEF. Os vigueses ocuparon o segundo lugar da liga regular e os sarriáns o quinto posto. Os duelos entre ambos se saldaron con empates. "Nós estamos sen presión, o obxectivo está cumprido pero imos polo ascenso", expresa Sangil, mentres atende a clientes na súa tenda de electrodomésticos na rúa Diego Pazos.

O obxectivo era conservar a categoría na que debutaban logo de atravesar no pasado afastado serias dificultades económicas que fixo desaparecer o equipo, adoptar outro nome e descender ata a terceira autonómica. Esa etapa escura coincidiu co período en que Sangil foi concelleiro de Deportes no Concello de Sarria e propúxose participar na recuperación do club. Desde 2017, xa sen responsabilidades políticas, asumiu a presidencia e o equipo comezou a ascender desde a primeira rexional ata a Terceira RFEF. "Das fichaxes encárgase José Luís Vilariño, que é un home de fútbol, e eu da parte institucional e a procura dos recursos económicos", asegura.

As fichaxes foron un acerto redondo. "A clave da Sarriá é o bo rolo. A persoal é das mellores que tivemos, raparigos excelentes e humildes, viñeron cada un dun sitio diferente e axustáronse de marabilla, sen ningún problema", explica o presidente, que non esconde a súa alegría aínda que admite que o traballo foi esgotador, sobre todo no que se refire a conseguir o diñeiro para atender as esixencias dunha categoría na que nunca estivera o club.

Con algunhas axudas públicas —autonómicas, da deputación e do concello—, a contribución dun grupo de empresarios da vila e as modestas recadacións dos partidos, a Sarriá puido xuntar un orzamento sobre os 300 mil euros, no que non estaba contemplado a promoción e os gastos consecuentes. Todos os días, sobre as nove da mañá Sangil acompañado de Jaime Viñas, secretario do club, visita empresas de Sarria para que boten unha man no sostemento do club. Se logran o ascenso, o orzamento tería que duplicarse. 

"Grazas á Sarriá, Sarria volta estar no mapa, vannos a televisar o partido por primeira vez, estamos todos os días na Radio Galega e nos medios de comunicación, e somos o equipo deportivo máis seguido en toda a comarca", resume o presidente, que pide máis apoio ás institucións.
 

Comentarios