Rouban teléfonos móbiles nunha tenda do centro de Sarria

Os autores levaron 17 terminais tras forzar de madrugada a porta do establecemento, sito no cruzamento da Ciguñeira

Vitrinas rotas en la tienda
photo_camera Vitrinas rotas na tenda.VILA

Os ladróns actuaron na noite do domingo ao luns nunha tenda de telefonía móbil do centro de Sarria, onde forzaron a porta de entrada e romperon os expositores para facerse cun botín consistente en 17 terminais móbiles.

A subtracción produciuse ás 3.52 horas da madrugada do luns, no establecemento de Yoigo, situado na rúa Calvo Sotelo, no cruzamento da Ciguñeira, nunha zona comercial moi transitada durante o día.

Os autores, que actuaron en cuestión de minutos, forzaron a porta, romperon as vitrinas e levaron o material que atoparon, parte do cal eran maquetas e non teléfonos reais. Accederon tamén ao almacén e á zona da caixa rexistradora, onde non había diñeiro en efectivo.

A Garda Civil acudiu ao lugar con rapidez tras saltar a alarma e fíxose cargo da investigación. Os teléfonos roubados e os danos causados no local están pendentes de valoración.

O pasado mes de outubro, outra tenda de telefonía móbil de Sarria foi asaltada, tamén na rúa Calvo Sotelo, pero esta vez na zona do bulevar e co método da aluaxe. Os autores encaixaron un coche contra o cristal de seguridade e apropiáronse de móbiles e diñeiro.

Comentarios