A rotura dunha tubaxe de auga de fibrocemento causa un corte en Sarria

O problema foi detectado ás 6.00 horas deste xoves e afecta a unha boa parte da localidade
Rotura de una tuberïa en Sarria. PORTO
photo_camera Operarios traballando no arranxo da avaría. PORTO

A rotura dunha antiga tubaxe de fibrocemento deixou sen subministración de auga na mañá deste xoves a unha boa parte da localidade de Sarria.

O problema foi detectado sobre as 6.00 horas na Rúa Benigno Quiroga. Desde entón a empresa concesionaria do servizo traballa no arranxo da avaría co fin de poder emendala esta mañá e recuperar a subministración.

Unha vez solucionada, durante todo o día, purgarán as tubaxes e a auga poderá saír turbia.

Comentarios