Rexistrado outro terremoto de magnitude 2.0 en Triacastela

Esta mesma semana tamén tremeu a terra no Carballiño (Ourense)

Terremoto registrado en Triacastela
photo_camera Triacastela rexistra un novo terremoto. EP

Poucos minutos logo da pasada medianoite, o municipio lucense de Triacastela foi o epicentro dun novo terremoto, neste caso de magnitude 2.0. O tremor,que se produciu concretamente ás 00.19 horas da madrugada deste venres 15 de xuño, non foi percibido pola poboación nin causou danos materiais.

Triacastela está situada en pleno triángulo sísmico da provincia de Lugo, xunto con Sarria e Becerreá, onde desde hai dúas décadas vén desenvolvendo unha intensa actividade aínda que de magnitude baixa.

Esta mesma semana, o municipio ourensán do Carballiño rexistrou outro terremoto, tal como fai constar o Instituto Geográfico Nacional (IGN). Foi o mércores 13 tamén de madrugada, concretamente ás 01.32 horas. Neste caso a magnitude foi de 2.4 graos mbLg.

Comentarios