Rexistrado un terremoto de magnitude 2,3 en Triacastela

A alcaldesa comentou que o sismo non foi percibido polos veciños.
Epicentro del terremoto. IGN
photo_camera Epicentro del terremoto. IGN

Un terremoto de magnitude 2,3 foi rexistrado á primeira hora da mañá deste venres en Triacastela. Segundo indica o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o tremor sentiu ás 6.27 horas.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, comentou que o sismo non foi percibido polos veciños.

Este xoves rexistráronse tres terremotos máis en Galicia, concretamente na localidade pontevedresa de Covelo. O primeiro foi ás 00.47 horas (magnitude 2,1), o segundo ás 14.19 (2,2) e o terceiro ás 15.56 (1,8).

comentarios