Resulta ileso tras incendiarse o seu vehículo de camiño a Sarria

O home asegurou que xa notou o cheiro a queimado cando ía polo corredor

Coche incendiado cerca de Sarria. EP
photo_camera Coche incendiado preto de Sarria. EP

Un turismo incendiouse á primeira hora deste venres pola tarde cando ía en circulación cara a Sarria. O condutor do coche, un mozo da localidade, puido saír a tempo sen sufrir lesións.

Segundo explicou, xa notou cheiro a queimado cando ía polo corredor e, ao incorporarse á LU-546, viu que saía fume. Á altura do Mazadoiro, á entrada de Sarria desde Lugo, parou na beiravía e deu a voz de alerta.

Os bombeiros do parque comarcal acudiron de inmediato e sufocaron o incendio. A Policía Local encargouse de regular o tráfico durante a extinción. Ardeu o motor do coche, que resultou con cuantiosos danos.