jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

A residencia de maiores de Sarria amplía o horario do servizo de enfermería

Residencia de maiores de Sarria. EP
Residencia de maiores de Sarria. EP
Pasa a estar cuberto de 8.00 a 22.00 horas e o obxectivo no futuro é dispoñer tamén de quenda de noite

A residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria amplía o horario de enfermería, segundo informou o concelleiro de servizos sociais e responsable do centro, Benjamín Escontrela.

O servizo no xeriátrico pasa agora a estar cuberto de oito da mañá a dez da noite, con dúas quendas establecidas de oito a tres e desde esta hora ás dez da noite, indicou. Isto é un "paso adiante" para "reafirmar os servizos integrais" dos usuarios de Nosa Señora do Carme, apuntou. Non  obstante, "a  loita por cubrir as necesidades dos nosos residentes non termina aquí", pois o obxectivo dos servizos sociais é establecer tamén o quenda de enfermería de noite, sinalou o concelleiro.

Doutra banda, chamou á responsabilidade social dos veciños ante a pandemia do coronavirus. Desde o Concello pediron precaución e instaron a respectar a distancia social, usar máscaras, realizar unha desinfección continuada de mans e que se eviten aglomeracións ante o aumento de casos de covid-19 que se deron nas últimas semanas.

A residencia de maiores de Sarria amplía o horario do servizo de...
comentarios