Rescatan un can que deambulaba polo corredor no Páramo

A Garda Civil recibiu numerosas chamadas de condutores alertando da presenza do animal, que creaba un risco para a circulación
Rescatado un perro en el corredor Nadela-Monforte, en O Páramo. EP
photo_camera O can rescatado no corredor cun axente. EP

Un condutor atrapou a un can que deambulaba polo corredor que comunica Nadela e Monforte de Lemos, ao seu paso polo concello do Páramo.

A Garda Civil de Lugo recibiu sobre as 10.00 horas do venres numerosas chamadas avisando da presenza do animal á altura do quilómetro 13. Algúns dos condutores alertaron do deambular errático do can, pondo o perigo a seguridade dos usuarios da vía, informou a Comandancia.

Unha patrulla trasladouse ata o lugar e comprobou que un condutor, un bombeiro de Sarria, detivera o seu coche e conseguido atrapar ao can. Esta persoa explicou que o animal transitaba pola calzada e, ante o perigo que levaba, parou e colleuno.

Os axentes fixéronse cargo do can e realizaron xestións co Concello do Páramo, cuxo persoal recolleu ao animal.

A Garda Civil recordou a importancia de manter permanentemente a atención ao volante e de adecuar a velocidade ás circunstancias de cada momento, sobre todo ao observar animais soltos na vía.

Comentarios