viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

As renovables e a paisaxe centrarán un curso da USC en Triacastela

As enerxías renovables serán o eixo da formación. EP
Forma parte das actividades de verán da universidade e desenvolverase en setembro

Os cursos de verán que organiza a Universidade de Santiago de Compostela (USC) chegan a Triacastela no mes de setembro, os días 6, 7, 8 e 9 de setembro, nas instalacións do Ceip Eduardo Cela Vila.

A formación, enmarcada no programa Universidade de Verán, terá 26 horas lectivas e conta con 24 prazas dispoñibles. Os interesados en asistir deberán matricularse previamente a través da web da USC.

O programa, que será teórico-práctico, versará sobre as estratexias de xestión e intervención na paisaxe que introduzan a produción de enerxías renovables no territorio, así como das medidas dirixidas a minimizar o impacto paisaxístico, social e económico que poden provocar as centrais xeradoras de electricidade.

Paisaxes con enerxía arrincará o luns 6 ás 10.00 horas, cando será inaugurado pola alcaldesa de Triacastela, Olga Igrexas; o director da Fundación Juana de Veiga, José Manuel Andrade; e o director do curso, Rubén C. Lois.

No curso tamén se falará da implantación de parques eólicos no rural e sobre a reconversión da central térmica das Pontes

Ás 10.30, o catedrático de urbanismo Ricardo Pié i Ninot impartirá unha charla sobre paisaxe e percepción e, ás 11.45, Marta Somoza, doutora en Arquitectura, falará sobre As paisaxes con enerxía. Ao día seguinte, a doutora en Xeografía e Historia María José Piñeira tratará sobre Metodoloxías de diagnose nos estudos de paisaxe e realizarase unha nova saída que se complementará con varios traballos en equipo.

Pola súa banda, o mércores serán os arquitectos Nuria Freire e Camilo Branco os encargados de falar da implantación de parques eólicos no rural galego desde o punto de vista da paisaxe e logo Manuel Rodríguez exporá o proxecto de reconversión da central térmica das Pontes. Finalmente, o último día destinarase á práctica e á presentación dos traballos do alumnado, ademais de que o arquitecto paisajista Sören Schöbel impartirá a materia Proxectar a paisaxe dás enerxías.

As renovables e a paisaxe centrarán un curso da USC en Triacastela
comentarios