Rematada a obra de renovación da cuberta do pavillón novo da Rúa Castelao

Os traballos tiveron un coste de algo máis de 57.000 euros
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera A cuberta renovada. PORTO

O pavillón da Rúa Castelao de Sarria loce xa nova cuberta ao rematar as obras de renovación desta parte da infraestrutura, na cal o Concello investiu algo máis de 57.000 euros procedentes de fondos propios a través dunha modificación de crédito.

A empresa Umiametal foi a adxudicataria destes traballos, moi necesarios porque non só entraba agua no edificio, senón que tamén había risco de que se levantase o teito en caso de fortes rachas de vento.

A actuación acometeuse por treitos e nun horario que alterase o menos posible a práctica deportiva do CB Sarria, usuario destas instalacións.

A seguinte mellora será o pavillón José Mario González, onde se substituirá o parqué.