Os Reis Magos visitarán o día 6 aos nenos de Paradela nos seus domicilios

As familias que queiran recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar nas súas vivendas deben apuntarse antes das 12.00 horas do próximo luns no consistorio
Reyes Magos. PIXABAY
photo_camera Reis Magos. PIXABAY

Os Reis Magos visitarán o próximo día 6 aos nenos do concello de Paradela nos seus domicilios.

A iniciativa está organizada polo Concello, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do Ceip San Miguel de Paradela e a Asociación de Mulleres deste municipio. Habitualmente organizábase unha festa nas instalacións do mercado gandeiro coa presenza das súas Maxestades, pero nesta ocasión, pola pandemia, do covid, os Reis Magos visitarán aos nenos nas portas das súas casas.

As familias que queiran recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar nas súas vivendas deben apuntarse antes das 12.00 horas do próximo luns no consistorio. Tanto os habitantes da casa como As súas Maxestades deberán cumprir todas as medidas sanitarias vixentes.

Comentarios