Os Reis Magos farán un percorrido pola vila de Sarria e outras parroquias

Na visita polo municipio contarán coa axuda do Club Clásic@s
Visita de los Reyes Magos a Vilapedre. AEP
photo_camera Visita de los Reyes Magos a Vilapedre el pasado año. AEP

Os Reis Magos farán este martes, día 5, un percorrido por Sarria coa axuda do Club Clásic@s e as parroquias. As aglomeracións están prohibidas e hai que manter a distancia persoal.

Sairán do Concello ás 11.30 e pasarán pola capela de San Lázaro (11.40), explanada do Alborada (12.00), parque das Insuas (12.20), cruce Gran Vía con Formigueiros (13.00), Praza Ponte Vella (13.20), Vilar de Sarria (14.00), Avenida de Becerreá (16.30), Praza Vigo de Sarria (17.00), Praza Galicia (17.30), O Chanto (18.00), Calvo Sotelo á altura do Malecón (18.30), Catro Camiños (19.00) e Praza da Vila (19.20).

Tamén partirán do colexio de Callás ás 11.00 para ir aos de San Pedro de Froián (11.15) e Loureiro (11.45), igrexa de San Sadurniño (12.00), pavillón de Oural (12.15), colexio de Vilamaior (13.00), Santalla (13.15), Treilán (13.30), Vilapedre (16.00), A Veiga (16.45), Manán (17.00), San Xulián (17.15), Ferreiros (17.45), Corbelle (18.00), Fontabuín (18.15) e Louseiro (18.45).

Comentarios