sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Quince anos á espera de obras

Unha curva moi pechada na LU-636 e sen beiravías, ao seu paso polo termo municipal de Láncara. PORTO
Unha curva moi pechada na LU-636 e sen beiravías, ao seu paso polo termo municipal de Láncara. PORTO
A finalización da mellora da LU-636 é unha vella demanda ao ser unha estrada moi estreita e estar en mal estado

Hai quince anos finalizou o arranxo da segunda fase da estrada de Sarria a Becerreá (LU-636), entre o polígono do Morelle e Saa. Desde entón a comarca leva reclamando a mellora do viario ata Becerreá, o cal se atopa en mal estado.

Un ancho insuficiente, curvas moi pechadas, ausencia de barreiras de protección nalgúns puntos... Isto é o que se atopan cada día os condutores que circulan pola vía entre o núcleo lancarés de Saa e Becerreá.

A estrada ten pouco máis de 30 quilómetros de lonxitude e foi arranxada ata o 16 en dúas fases. As primeira obras beneficiaron ao tramo comprendido entre a vila sarriá e O Morelle, mentres que as segundas executáronse entre o polígono e Saa. Esta última fase levou a cabo en 2005.

O arranxo da estrada é unha vella demanda da zona, pois permitiría unha maior rapidez na conexión do municipio de Sarria coa A-6

DETERIORACIÓN. A partir do quilómetro 16 a calzada da LU-636 é máis estreita e presenta o firme deteriorado. A vía non dispón de beiravías, polo que supón un perigo para os peóns. Ademais, non conta con varanda nalgunhas zonas nas que hai un importante desnivel, un risco no que caso de saída de vía dun automóbil.

O arranxo da estrada é unha vella demanda da zona, pois permitiría unha maior rapidez na conexión do municipio de Sarria coa A-6 e sería unha importante vantaxe para os transportes ao comunicar, ademais, co polígono industrial do Morelle. A LU-636 tamén é a principal vía para numerosos núcleos do concello de Láncara.

O acondicionamento da estrada foi demandado en numerosas ocasións polos veciños e distintas formacións políticas. Tratouse varias veces no Parlamento de Galicia, xa que a LU-636 é de titularidade autonómica. Este mesmo mes aprobouse por unanimidade unha proposta dos socialistas na comisión de obras públicas para pedir á Xunta a mellora da seguridade da vía. Entón o PP afirmou que a Administración autonómica está redactando o proxecto para optimizar a capa de rodaxe, a sinalización e a mellora das marxes do viario.

Quince anos á espera de obras
Comentarios