Queixas veciñais polo uso de lodos para abonar varias leiras no Páramo

A Garda Civil e o Seprona desprazáronse ata o núcleo de Paredes
Vecinos de Paredes (O Páramo) denuncian el uso de lodos para abonar fincas. EP
photo_camera Unha parcela na que os veciños denuncian que se botaron lodos. EP

Veciños de Paredes, na parroquia de Sa (O Páramo), denuncian o uso de lodos para abonar leiras. Ata o lugar acudiron este mércores Garda Civil e Seprona.

Residentes no núcleo aseguran que o pasado xoves e este mércores unha explotación gandeira botou lodos en catro parcelas "habendo pozos potables cerca e sen gardar as distancias". Alegan que non se poden botar a 60 "metros" de casas e a 10 "metros de regos". Neste caso hai cerca unha vivenda e un regacho, o cal desemboca no río Neira. Temen os efectos dos lodos e que terminen nas canles e pozos. "Colindan con outras leiras e tamén as contaminarán, hai fauna, paxaros que van picando niso...  Din que pasarán 30 anos para que se limpen vos terreos desos lodos", afirman.

Estes teñen "substancias tóxicas, levan elementos químicos, metais, e tardan chea de anos en desaparecer", insisten os denunciantes, quen están "moi preocupados pola contaminación". Ademais, quéixanse de que o cheiro é "insoportable". "Non podemos abrir as ventás, tivemos que pechalas, e dá picor de garganta", sinalan.

A Asociación de Veciños Paredes-Pico apoia aos denunciantes e este martes convocou unha reunión ante a problemática para solicitar aos propietarios das leiras que non continuasen abonando con lodos. Con todo, "seguiron botando hoxe (por este mércores)", quéixanse.

Por nbsp;iso, &comunicaron a  situación á Garda Civil e o Seprona, que se desprazaron este mércores ao núcleo. Os axentes comprobaron a documentación sobre os lodos e o vehículo que os transporta, tras o que a explotación gandeira puido continuar abonando as terras con este produto.

Comentarios