Protesta polo mal estado dunha pista no límite entre Sarria e Láncara

Pista que une Fontabuín con A Reboleira. EP
photo_camera Pista que une Fontabuín coa Reboleira. EP

O mal estado da pista que une Fontabuín, no concello de Sarria, coa Reboleira, no veciño municipio de Láncara, levou aos usuarios desta vía a protestar dunha forma orixinal, consistente en plantar unha árbore nun das fochancas, con sinalización incluída.

Segundo os afectados, nesta zona concreta, pertencente ao concello de Sarria, xa se rexistraron danos en varios vehículos polas deficiencias no firme, que se arrastran desde hai tres anos nunha pista que, ademais, comunica con outras parroquias.

Comentarios