O profesorado do Gregorio Fernández fabrica pantallas para persoal sanitario

Empréganse dúas impresoras 3D do centro educativo
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Un docente, cunha impresora 3D


O profesorado do instituto Gregorio Fernández de Sarria decidiu achegar o seu gran de area á loita contra o coronavirus mediante a fabricación de pantallas de protección facial dirixidas ao persoal sanitario.

Para iso válense das dúas impresoras 3D das que dispón este centro de ensino e elabóranas con PLA, o cal resulta "ideal" para realizar as viseras das pantallas, segundo explicaron desde o instituto.

Comezaron o martes e o obxectivo do profesorado é fabricar entre 35 e 40 pantallas que entregarán á Consellería de Educación para que as distribúa entre os traballadores do hospital Lucus Augusti (Hula) de Lugo.

O IES Gregorio Fernández, que dirixe Fernando Díaz Copa, tamén doou nas últimas semanas o material de protección, limpeza e desinfección do que dispuña no centro para poder ser empregado nos labores de prevención da pandemia do Covid-19.

En total, foron mil luvas de látex, 50 litros de xabón bactericida, 40 litros de lejía e 300 sacos de lixo de gran tamaño.

Comentarios