A procesión do Sacro Corazón chega a 125 anos de historia en Sarria

A marquesa de Casa López doou en 1895 para o acto un estandarte comprado en París
Procesión del Sagrado Corazón en Sarria
photo_camera Procesión del Sagrado Corazón en el año 2005. AEP

Este 2020 preséntase repleto de aniversarios históricos en Sarria. Aos 200 anos do primeiro Concello constitucional e os centenarios da inauguración da traída da auga e do uso da Casa Vaamonde como sede municipal súmanse tamén os 125 anos da procesión do Sacro Corazón de Jesús, unha das devocións con máis tradición na vila.

O investigador Xaime Félix López Arias, do Seminario de Estudos Sarriaos Francisco Vázquez Saco, constatou o inicio desta procesión no ano 1895, data na cal se estreou tamén un estandarte comprado en París e doado pola marquesa de Casa López, Andrea Andrés Sánchez, viúva do industrial chocolateiro e filántropo Matías López.

Segundo a documentación que manexa, o 22 de setembro daquel ano finalizou a novena organizada na igrexa de San Salvador pola Asociación do Sacro Corazón de Jesús e na que participou o pai Mariño, superior dos Franciscanos de Lugo.

A comunidade dos pais mercedarios, que chegou a Sarria en 1896, mantivo vivo este culto, que celebra con solemnidade cada ano aínda que nesta ocasión verase afectado pola crise do coronavirus. Así, suspéndese a procesión, que tería lugar o próximo día 19, aínda que se mantén a novena, que comezou este xoves mesmo.

Segundo recordan os mercedarios sarriáns, en 1898 fundouse tamén o Apostolado da Oración e na igrexa do mosteiro da Magdalena consérvanse non só dous estandartes senón tamén unha imaxe do Sacro Corazón nun altar lateral, que hai anos saía en procesión pola vila.

Ademais, a orde da Mercé dispón de escritos que proban a asistencia a estas novenas de strong <>prestixiosos cóengos chegados desde Zamora ou Valladolid.

En tempos máis recentes, a procesión vén realizando desde San Salvador ata o convento, cunha parada no campo da feira para celebrar un "acto de consagración" do pobo de Sarria ao Sacro Corazón de Jesús.

Comentarios