jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

Un premio de 120 quilos para os gañadores da Milla Urbana de Sarria

Los ganadores de la Milla Urbana, con miembros del gobierno, recogiendo su premio. PORTO
Los ganadores de la Milla Urbana, con miembros del gobierno, recogiendo su premio. PORTO
Jorge García e Ronsel Díaz recibiron no Concello o seu peso en produtos cárnicos porcinos

Os premios das probas deportivas son tradicionalmente trofeos ou medallas, non é habitual atoparse con que sexa o peso dos gañadores en produtos cárnicos porcinos, como ocorreu na Milla Urbana de Sarria celebrada o pasado día 31. Os dous vencedores absolutos nesta carreira foron Jorge García Cabanas e Ronsel Díaz Díaz, quen levaron un total de 126 quilos en xamóns, lacones ou chourizos.

Os dous mozos recibiron na tarde deste luns os seus singulares premios no consistorio da man do alcalde, Claudio Garrido, e os concelleiros de deportes, Félix Seijas, e educación, festas e mulleres, Geni Valcárcel. Para os deportistas foi toda unha sorpresa o galardón.

"Ou habitual son trofeos, medallas ou camisetas", explican os corredores, quen nunca se atoparon cun premio como este. "Non mo esperaba, cando mo dixeron pensei que era broma", engade o lucense Ronsel Díaz, que se fixo con 48 quilos de produtos. Pola súa banda, o samonense Jorge García levou 78. Entre eles estiveron xamóns, chicharrones, lacones, costela, butelos, dentes, chourizos ou soá.

Jorge García decidiu doar todo ao comedor San Froilán de Lugo, pois a súa familia realiza a tradicional matanza e contan con produtos de porco. As instalacións, apuntou, dan "100 comidas diarias", entre transeúntes e domicilios, polo que quixo entregarllos a eles. Do servizo, xestionado pola Diocese de Lugo, é responsable precisamente un samonense, o sacerdote Miguel Gómez, quen recolleu agradecido esta doazón que dará para "unhas cantas comidas".

García doou o premio ao comedor San Froilán de Lugo

Para os dous mozos non era a primeira vez que disputaban a Milla Urbana, que organizou o Concello co club Running Sarria. Ronsel Díaz, do Lucus Caixa Rural de Lugo, xa quedara primeira en anteriores ocasións. Jorge García, do Tríatlon Cidade de Lugo, tamén participara, logrando a segunda posición nunha edición e outros anos, recordou, acudiu disfrazado.

TRADICIÓN RECUPERADA. O Concello decidiu entregar de premio produtos cárnicos porcinos para recuperar unha iniciativa que levou a cabo nas primeiras Millas Urbanas, no inicio deste milenio, rememorou o alcalde. Cando esta proba comezou, sobre o ano 2000, os gañadores levaban o seu peso en chourizos.

Segundo explicou este luns, a idea xurdiu naquel momento pola importante tradición chacinera existente en Sarria. Puxo como exemplo que coa entrada na Unión Europea só no municipio de Sarria homologáronse oito fábricas dedicadas a produtos cárnicos porcinos.

Desde o Concello queren nas próximas edicións da Milla Urbana continuar con esta tradición, coa que se promociona a chacinería sarriá. "Foi novo no seu día, quixemos recuperalo e seguiremos nos anos seguintes, veremos a fórmula", tal e como apuntou o goberno local.

Un premio de 120 quilos para os gañadores da Milla Urbana de Sarria
comentarios