A praza de abastos de Sarria loce nova imaxe tras a mellora da fachada

O Concello levou a cabo a limpeza e o pintado da parede das instalacións, que contan con postos baleiros e a intención é que se continúen ocupando
La plaza de abastos, ubicada en la Rúa Matías López.
photo_camera La plaza de abastos, ubicada en la Rúa Matías López.

A praza de abastos de Sarria estrea imaxe tras unhas obras de mellora da fachada executadas polo Concello.

A actuación consistiu na limpeza e o pintado da parede co obxectivo de seguir "dándolles vida e facer máis atractivas" as instalacións, que locen novas cores, explica a concelleira Geni Valcárcel. Búscase, así mesmo, facer este espazo "máis agradable", indica, tanto para os propios comerciantes como para os clientes para animalos a acudir á praza de abastos.

A inmoble conta na actualidade con tres negocios: unha carnicería, unha chacinería e tenda de produtos gourmet, e unha pescadería. Esta última abriu as súas portas fai un par de meses. As instalacións ten postos baleiros e a intención do Concello é que se sigan ocupando.

Ademais da mellora da fachada, a Administración local levou a cabo recentemente algunhas pequenas reformas no interior do inmoble de face á apertura da pescadería.

outras actuacións. Realizáronse diferentes traballos, como de fontanería e electricidade, para acondicionar o novo posto, segundo apunta a edila Geni Valcárcel. Tamén se colocou unha persiana e emendáronse, sinala, "pequenas deficiencias" que van xurdindo na construción polo paso do tempo.

Comentarios