A Policía Local de Sarria inicia unha campaña de control de chips de cans

O primeiro día comprobaron sete canes, dos cales dous non tiñan o dispositivo obrigatorio
Nuevo lector de microchip de perros adquirido por la Policía Local de Sarria
photo_camera Novo lector de microchip de cans adquirido pola Policía Local. VILA

A Policía Local de Sarria iniciou unha campaña de control dos chips identificativos dos cans. Os axentes dispoñen dun lector para verificar se os animais contan co dispositivo, que é obrigatorio.

Na primeira xornada de posta en marcha da campaña comprobaron sete canes, dos que cinco contaban co dispositivo e os outros dous, do mesmo propietario, non. Os policías, ademais, verifican a través dun programa informático que realmente os datos son correctos.

No caso de que os cans non dispoñan dos chips identificativos, os efectivos concédenlle quince días para colocarllo. Nese prazo o dono debe acudir ás dependencias policiais, situadas no consistorio, e presentar a cartilla sanitaria. Ademais, comprobarase se contan co dispositivo. De non facelo podería ser sancionado.

Os axentes tamén informan os propietarios de cans sobre a obrigación de levalos con correa ou recoller os excrementos das súas mascotas. O Concello xa anunciou que colocará carteis recordando a necesidade de limpar as feces.

Comentarios