O pleno de Samos pide á Deputación que financie prazas da residencia

O centro supón un custo anual ás arcas municipais de 60.000 "a 80.000 euros"
Residencia de Samos. AEP
photo_camera Viviendas comunitarias y apartamentos tutelados de Samos. AEP

O pleno de Samos aprobou por unanimidade unha proposta do goberno local para solicitar á Deputación que subvencione prazas das vivendas comunitarias e apartamentos tutelados.

O alcalde, Julio Gallego, recordou que o ente provincial custeou residencias noutros municipios, polo que considera que "os demais concellos temos que ter o mesmo trato". O centro dispón dunha vintena de prazas e supón un custo anual ás arcas municipais de "60.000 a 80.000 euros".

A corporación tamén deu luz verde por unanimidade a unha moción do BNG sobre o sector lácteo. Pola contra, non aprobou a do edil non adscrito Xosé Real reclamando dotar de saneamento os núcleos de poboación. O rexedor alegou que no municipio hai "109 aldeas" e "é difícil sanear todas, tería un custo elevadísimo".

Este concelleiro tamén se interesou pola contratación dunha persoa para atención turística. Gallego explicou que pediron unha axuda á Xunta para contratar entre xullo e setembro, pero a resolución non chegou ata agosto e só púidose contratar un mes.

Comentarios