As pistas de tenis de Sarria sométense a unha limpeza e terán nova iluminación

Os labores foron executadas polo persoal municipal
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Labores de limpieza. EP

As pistas de tenis do Concello de Sarria sometéronse nos últimos días a labores de limpeza e mantemento co fin de eliminar o verdín e proximamente terán nova iluminación, segundo informou o concelleiro de deportes, Félix Seijas.

As tarefas de limpeza, realizadas por persoal municipal, comezaron o xoves da pasada semana e obrigaron a pechar estas instalacións, que xa volven estar operativas.

A intención é dotar as pistas dunha nova iluminación que se atopa en fase de estudo e que permitirá o seu uso durante máis horas.

O concelleiro confía en que o cambio de luz poida ser unha realidade durante o próximo mes de febreiro, o que, na súa opinión, axudará a potenciar a práctica de deporte ao aire libre, cada vez máis importante por causa do covid.

Comentarios