lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

As piscinas municipais de Samos estarán abertas ao público desde o sábado

As piscinas, con dous vasos, sitúanse na área de Teiguín. VILA
As piscinas, con dous vasos, sitúanse na área de Teiguín. VILA

O horario  no que permanecerán abertas será desde as doce do mediodía ata as oito da tarde, todos os días da semana e ata finais de agosto

As piscinas municipais de Samos, situadas en Teiguín, abrirán a tempada de verán o sábado unha vez concluídos os traballos previos de acondicionamento realizados polo Concello, informou o alcalde, Julio Gallego.

Este servizo poderá ser utilizado todos os días da semana, de doce do mediodía a oito da tarde ata finais do mes de agosto. O custo da entrada é dun euro ao día, existindo a posibilidade de adquirir abonos mensuais.

En breve, o Concello de Samos tamén poderá en marcha cursos de natación nestas piscinas, que se impartirán en horario de mañá e para os cales ten aberto o prazo de inscrición.

As piscinas estarán atendidas por un socorrista e un traballador municipal, que se encarga do control de acceso. Tanto o persoal como o mantemento das instalacións supoñen un considerable desembolso para o Concello, que considera necesario ao tratarse dun servizo moi demandado nesta época.

De feito, segundo sinala o rexedor, non só son utilizadas polos veciños de Samos, senón tamén por moitos residentes en Sarria, ademais de peregrinos que percorren o Camiño Francés.

As piscinas, inauguradas hai aproximadamente unha década, localízanse nunha zona xunto ao río, a cal se complementa con pistas deportivas e merendeiros. Constan dun vaso para adultos e outro infantil, así como vestiarios, todo iso nunha parcela duns 8.000 metros cadrados.

As piscinas municipais de Samos estarán abertas ao público desde o...
Comentarios