A piscina climatizada entra de novo en servizo con xornada de portas abertas

As instalacións de Sarria reabren este venres con horarios ampliados
La piscina cubierta presta servicio desde el  mes de octubre con un contrato menor. AEP
photo_camera A piscina cuberta de Sarria. AEP

A piscina climatizada de Sarria entra de novo en servizo este venres tras o parón estival e faino cunha xornada de portas abertas e horarios ampliados.

O edificio da piscina funcionará como centro deportivo e de saúde, baixo a xestión de Soom Management, que resultou adxudicataria do contrato de servizos nunha ute con 03 Servicios y Contratas.

Dende este mes e ata xuño, abrirá de luns a venres de 7.30 a 12.30 e de 17.00 a 22.00 horas. Os sábados terá un horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 mentres que os domingos será de 9.00 a 14.00. Pola súa banda, os días festivos permanecerá pechada.

Os cursos de natación tamén pasarán de 30 a 45 minutos de duración.

Comentarios