Catro persoas resultan feridas leves nunha colisión na LU-636 en Láncara

O accidente ocorreu nunha zona de curvas na estrada que une Sarria e Becerreá
Accidente entre dos vehículos en Láncara. EP
photo_camera Os dous vehículos implicados no sinistro. EP

Catro persoas resultaron feridas leves nunha colisión frontolateral entre dous vehículos na estrada que une Sarria e Becerreá (LU-636), á altura do municipio de Láncara.

O sinistro ocorreu sobre as 10.40 horas deste luns no quilómetro 16,050, nunha zona con curvas. Un todoterreo, un Suzuki Vitara, chocou cun turismo, unha Volkswagen Passat. Neste último viaxaban un pai e un fillo da Coruña, mentres que no primeiro dúas mozas veciñas da zona.

Tanto o fillo como as dúas mulleres foron trasladas por dúas ambulancias do 061 e da Cruz Vermella a un centro hospitalario de Lugo. O pai foi levado posteriormente nun taxi.

Ata o lugar desprazouse, ademais, persoal de conservación de estradas de Lugo-sur, quen se encargaron de limpar a estrada e regular a circulación ata que foron retirados os dous vehículos.

Comentarios