jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Un peón é trasladado á PAC tras sufrir un atropelo en Sarria

Confluencia das rúas Greco e Formigueiros, onde ocorreu o accidente. GOOGLE MAPS
Confluencia das rúas Greco e Formigueiros, onde ocorreu o accidente. GOOGLE MAPS
O accidente produciuse na tarde do sábado na confluencia das rúas Greco e Formigueiros

Un home foi trasladado ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Sarria tras sufrir un atropelo na confluencia das rúas Greco e Formigueiros da vila.

O accidente ocorreu pouco antes das oito da tarde deste sábado, cando o peón foi golpeado polo espello do vehículo. O viandante non sufriu feridas, aínda que, por precaución, foi levado á PAC por unha ambulancia.

Ata o lugar do sinistro tamén se desprazou a Policía Local.

Un peón é trasladado á PAC tras sufrir un atropelo en Sarria
comentarios