jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Violeta Bernardo: "Participar en exposicións en Francia enriquece moitísimo"

Violeta Bernardo, escultora sarriá. AEP
Violeta Bernardo, escultora sarriá. AEP
A escultora sarriá amosa pezas en senllas mostras en Santiago de Compostela e nunha galería de arte gala

A artista sarriá Violeta Bernardo é unha das 26 participantes nunha exposición no hotel Virxe da Cerca de Santiago e, a partir desta semana, exhibirá outra peza da súa autoría noutra mostra colectiva nunha galería de arte francesa.

A exposición que vén de abrir en Compostela leva por título ‘[email protected]’. Que temática se agocha baixo este nome?

Fai referencia ao Entroido. Todos os autores somos galegos, das catro provincias, pero de Lugo e da Coruña sobre todo.

Con cantas obras participa?

Participo cunha peza pequeniña que se titula Anxo e que representa un home disfrazado de anxo. Agora mesmo tamén estou noutra colectiva en Burela, na sala do Concello, que trata sobre o alzhéimer.

En poucos días tamén estará presente na mostra dunha galería de Montreuil, en Francia.

Si, é unha colectiva de artistas do mundo. De España só estamos Soledad Penalta e eu. Todos os demais son de distintos países. Non ten unha temática específica, seleccionáronme a peza. É o home-muller, todo-metade, non sei explicalo doutra maneira. En París xa estiven moitas veces e nesta galería tamén.

Como afronta esta nova experiencia internacional?

Faime moita ilusión porque, francamente, é unha maneira de ensinar o que fas, comunicarse con outra xente. Iso todo enriquece moitísimo.

A presenza das súas obras en Francia garda relación co Salón de Arte que puxera en marcha en Sarria José Díaz Fuentes?

Si, indubidablemente. Eu estiven no Salón de Outono e todo iso foi grazas a José porque coñecía a miña obra, gustáballe e deume esa oportunidade.

O vindeiro mes celébrase o Día da Muller, unha temática moi presente no seu traballo. Ten algo previsto para esta data?

En principio non, pero non se sabe. En novembro fixen unha instalación na Praza da Vila polo Día contra a Violencia de Xénero. Eu sempre estou disposta a axudar e participar.

Violeta Bernardo: "Participar en exposicións en Francia enriquece...
Comentarios