viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Parte dunha cornixa caeu este venres na Rúa Nova da vila sen causar danos

Cascotes da cornixa na Rúa Nova de Sarria. DMP.
Cascotes da cornixa na Rúa Nova de Sarria. DMP.
Axentes da Policía Local de Sarria que pasaban pola zona observaron os pequenos cascotes sobre beirarrúa e calzada

Unha decena de cascotes de pequenas dimensións precipitáronse onte sobre as tres e media da tarde dunha cornixa do edificio situado no número 70 da Rúa Nova de Sarria, sen causar danos materiais nin que afectasen a ningunha persoa.

Axentes da Policía Local de Sarria, que pasaban pola zona, decatáronse do sucedido e alertaron aos veciños do ocorrido. Como medida de prevención, puxeron unha cinta para que os viandantas non puidesen pasar pola beirarrúa, por posibles novos desprendementos. Ademais, informaron os feitos ao presidente da comunidade de veciños, que non se atopaba no domicilio.

VEHÍCULOS. Por sorte, o suceso non afectou a ningunha persoa xa que nese momento non circulaba ninguén por esa rúa. Así mesmo, non houbo danos materiais, debido a que non transitaban vehículos nin se atopaban estacionados na zona, xa que na Rúa Nova é unha rúa na que está prohibido aparcar nesa marxe.

Un dos veciños do edificio, que estaba na rúa mirando os restos da cornixa, asegurou que non se decatou do sucedido ata que a súa esposa viu aos axentes da Policía Local.

Parte dunha cornixa caeu este venres na Rúa Nova da vila sen causar...
comentarios