miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

O Concello do Páramo concede axudas a tres hostaleiros ante o covid

Consistorio de O Páramo. EP
Consistorio do Páramo. AEP
O programa de apoio aos empresarios busca paliar os efectos das restricións establecidas o pasado xaneiro

O Concello do Páramo aprobou conceder axudas a tres hostaleiros do municipio para paliar así os efectos do covid-19 e das restricións.

As subvencións son de entre 463 e 621 euros, cun importe total de 1.550 euros. Con estas contías o Concello colabora nos tres casos no abono do recibo de autónomos e a subministración de enerxía eléctrica. Ademais, a un deles axúdalle no pago do aluguer do local.

Trátase do segundo plan de axuda a hostaleiros que puxo en marcha o Concello durante a pandemia do coronavirus. O programa dispuña dun orzamento de 6.000 euros e dirixíase aos empresarios que tiveron que pechar os seus negocios ou que viron minguados os seus ingresos polo peche recollido na orde da Consellería de Sanidade do pasado 26 de xaneiro.

Con estas axudas o Concello buscou minimizar o impacto da crise económica causada polo covid-19 e que se produza "canto antes unha reactivación dá economía do noso concello, actuando directamente sobre as persoas físicas e xurídicas máis afectadas", tal e como recolleron as bases do plan de apoio aos hostaleiros. Esta liña foi aprobada en pleno o pasado 30 de marzo, tras o que saíron publicadas en br o Boletín Oficial da Provincia e abriuse un prazo de quince días para que os interesados presentasen as súas solicitudes.

Hai un ano a administración local levou a cabo un primeiro programa de axudas. Entón víronse beneficiados catro autónomos con contías que foron desde os 400 ata os 700 euros, supondo un importe total de preto de 2.000 euros. Tamén foi destinado ao pago do recibo de autónomo, a subministración eléctrica, comunicacións e aluguer do local.

O Concello do Páramo concede axudas a tres hostaleiros ante o covid
comentarios