Un veciño de Paradela quéixase do trato recibido en urxencias do Hula o venres e que non o atendeu un oftalmólogo.
Segundo explica, acudiu ao médico de cabeceira por un problema nun ollo e este derivouno a urxencias. Tras esperar "tres cuartos de hora ou unha hora", atendeuno unha sanitaria.
A veciño conta que lle dixo que non había oftalmólogo e que debía regresar o sábado. "Dixo que non ía porque non era urxente, non sabía érase urxente ou non, se ou de cabeceira mándame", opina. Xa o sábado atendeuno un oculista, ordenándolle non facer movementos bruscos nin forza e regresar en sete días.