Paradela contratará este ano unha ducia de traballadores como persoal temporal

Casa consistorial de Paradela. GOOGLEMAPS
photo_camera Casa consistorial de Paradela. GOOGLEMAPS

O Concello de Paradela contratará durante este ano unha ducia de empregados como persoal laboral temporal para prestar traballos de axuda no fogar, socorrismo ou peón de obras múltiples, entre outros.

Segundo o cadro de persoal aprobado polo Concello dentro do seu orzamento para 2020, está prevista a incorporación de tres peóns durante seis meses a xornada completa co programa Depuemprego da Deputación Provincial e doutras tres persoas para traballar como auxiliares na axuda a domicilio por doce meses a tempo completo.

No período estival, a administración local incorporará dous socorristas durante dous meses para atender a piscina. Tamén precisa este ano un traballador social e un secretario de xulgado de paz, ambos por doce meses con xornada completa. Por período dun ano, pero a tempo parcial, será o contrato dun auxiliar de información xuvenil.

O orzamento de Paradela ascende a 1.780.000 euros, o que supón un aumento con respecto a 2019 de 205.000 euros.

Comentarios