miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

Pais sarriaos preparan unha manifestación para pedir un colexio novo

Unha das aulas acondicionadas na antiga Escola Fogar de Sarria. EP
Unha das aulas acondicionadas na antiga Escola Fogar de Sarria. EP
A Plataforma en Defensa do Colexio Frei Luís de Granada reclama un novo centro público debido aos problemas estruturais que obrigaron a trasladar a actividade docente á Escola Fogar

A Plataforma en Defensa do Colexio Frei Luís de Granada prepara unha manifestación para reclamar un novo colexio público en Sarria, dados os "problemas estruturais" que presente o centro. 
Así o explicaron tras recordar que eses problemas "obrigaron" a que a actividade docente e académica se trasladara á Escola Fogar, onde as "aulas son pequenas".

Un dos portavoces desta plataforma, Javier Pico, avanzou que están "pendentes de convocar" esa manifestación, ademais "de sacar as aulas ás rúas para que a xente vexa o tamaño no que teñen que dar clases" os seus fillos. 

"Ademais intentaremos seguir falando cos partidos políticos con representación autonómica para que comprendan o problema e comprométanse por escrito a solucionalo cun colexio novo", subliñou. 

Fundamentalmente o que esixen os pais é que "a Consellería de Educación dunha vez por todas ensine o proxecto que está a realizar (as obras no Frei Luís de Granada)". "E que nos confirmen que van realizar un colexio novo", afirmaron. 

"Queremos feitos, queremos o compromiso explícito da Xunta porque xa está ben de que nos volvan a enganar como cando tivemos que cambiar de aulas (para a Escola Fogar). Queremos un proxecto firme e que nolo dean por escrito", sentenciou o mesmo portavoz.

A manifestación anunciada por estes pais quérena convocar nun prazo de 15 días. 

Pais sarriaos preparan unha manifestación para pedir un colexio novo
comentarios