Os outros oito traballadores das piscinas de Sarria dan negativo

As intalacións foron pechadas logo de rexistrarxe un positivo entre o plantel
Piscinas de O Chanto, en Sarria. AEP
photo_camera Piscinas de O Chanto, en Sarria. AEP

As PCR dos outros oito traballadores das piscinas do Chanto de Sarria deron negativo, logo de rexistrarse un caso o luns.

Os test foron realizados a catro socorristas e catro operarios municipais despois de que a traballadora que vendía as entradas dese positivo en Covid. Entón as piscinas foron pechadas polo Concello, que fai labores de desinfección.